martes, 9 de septiembre de 2014

Fin do blogue

Motivos persoais me levan a que non poida actualizar este blogue coa asiduidade que debería, e ao non tratarse dun blogue persoal senón do blogue dun grupo de sendeirismo prefiro deixalo a facer unha trapallada (penso que o blogue debería ser dinámico).
Isto non quere dicir que o grupo de sendeirismo deixe de sair, todo o contrario, podedes seguilo a través do facebook neste enlace, onde poremos as rutas, como quedamos, etc. Xa sabedes que Baidesendas é un grupo de sendeirismo non profesional nin federado do Val Miñor (Baiona, Gondomar, Nigrán...) que adoitamos sair todos os domingos que podemos a facer unha ruta de sendeirismo.

Motivos personales me llevan a que no pueda actualizar este blog con la asiduidad que debería, e al no tratarse de un blog personal sino del blog de un grupo de senderismo prefiero dejarlo a hacer una chapuza (pienso que el blog debería ser dinámico).
Esto no quiere decir que el grupo de senderismo deje de salir, todo lo contrario, podéis seguirlo a través del facebook en este enlace, donde pondremos las rutas, como quedamos, etc. Ya sabéis que Baidesendas es un grupo de senderismo no profesional ni federado de el Val Miñor (Baiona, Gondomar, Nigrán...) que solemos salir todos los domingos que podemos a hacer una ruta de senderismo.

viernes, 25 de julio de 2014

Baidesendas cumpre un ano

Neste mes de xullo Baidesendas cumpre un ano de andainas. Desde a primeira andaina que fixemos polas rúas de Baiona o 14 de xullo do 2013 realizamos 35 rutas nas que pasamos por 11 concellos diferentes (podedes ollar todas as rutas que fixemos ata o momento na sección de Quen somos). Rutas do mais variado que vos podedes imaxinar pero sempre seguindo a ideoloxía coa que se montou o grupo: pasar un bo rato camiñando e facer rutas nas que poida participar a maioría de xente, ademais de coñecer o noso entorno natural tanto material (petroglifos, mámoas, pontes, monumentos...) como inmaterial (paisaxe, flora, fauna, toponimia, historia...).
Non somos un grupo federado nin profesional, non facemos escalada nin alta montaña, simplemente quedamos os domingos pola mañán para facer andainas duns 8-12 kms nas que imos con moita calma sacando fotos, disfrutando da paisaxe e falando. Asi que se vos animades a camiñar connosco podedes facelo a través do facebook, entrando na páxina do grupo (pulsa aquí). Na páxina do facebook é onde poñemos a ruta que imos facer e onde se queda.

viernes, 11 de julio de 2014

4ª Etapa Baiona - A Guarda

Este domingo 13 de julio levaremos a cabo a 4ª etapa entre Baiona e A Guarda. Estamos a facer o traxecto entre Baiona e A Guarda por tramos duns 10 kms tentando pasar polos puntos mais interesantes tanto desde un punto de vista etnográfico como paisaxístico. A 1ª etapa foi desde Baiona ata A Ermida (Mougás) e vimos a igrexa de Sta Liberata, a virxe da Rocha, o antigo cuartel militar de Silleiro, subimos ata o alto de Silleiro para rematar na costa no barrio da Ermida en Baredo. Na 2ª etapa partimos do Barrio da Ermida e subimos ata o outeiro do home e despois ata o alto do Facho (dous altos cunhas magníficas vistas), logo fomos ata o curro de Mougás e baixamos ata o alto da Cabeciña para visitar o antigo asentameto e os seus petroglifos. Na 3ª etapa partimos de A Cabeciña e vimos os petroglifos de Pedra Lan, a poza de Mougás, os petroglifos de O Pousiño, cruzamos polo río Fervenza que nesta época vai con pouco caudal, subimos ata o outeiro da cheira (con espectaculares vistas de Mougás), vimos os petroglifos de As goteiras e acabamos no antigo asentamento do Cano dos Mouros.
A 4ª etapa é de dificultade baixa, son uns 10 kms desde o cano dos mouros ata os petroglifos de A Pedreira en Oia. Veremos as sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo mais ao oeste de Europa con sobreira a carón das pozas do río Broi, o outeiro da Pousadela con vistas e petroglifos, os outeiros do Morouzo tamén con vistas e petroglifo, seguiremos ata o Viveiro para ir ao alto do visiño e a Figueirido para contemplar os petroglifos e rematamos nos Petroglifos de A Pedreira.
Quedamos ás 8 da mañán na igrexa de Santa Liberata en Baiona, de ahí partiremos en coche ata o inicio e o final da ruta. Animádevos a camiñar connosco.

domingo, 29 de junio de 2014

3ª etapa Baiona - A Guarda

Mañán domingo 29 sairemos a facer a 3ª etapa da ruta entre Baiona e A Guarda. Neste caso iremos desde A Cabeciña ata o Cano dos Mouros en Mougás. Unha ruta fácil de facer duns 8 kms, onde visitaremos petroglifos, antigos asentamentos castrexos, as pozas de Mougás e disfrutaremos das excelentes vistas da costa de Oia. Sairemos ás 9:00 da mañán desde a igrexa de Santa Liberata en Baiona.

Mañana domingo 29 saldremos a hacer la 3ª etapa de la ruta entre Baiona y A Guarda. En este caso iremos desde A Cabeciña hasta el Cano dos Mouros en Mougás. Una ruta fácil de hacer de unos 8 kms, donde visitaremos petroglifos, antiguos asentamientos castreños, las pozas de Mougás y disfrutaremos de las excelentes vistas de la costa de Oia. Saldremos a las 9:00 de la mañana desde la iglesia de Santa Liberata en Baiona.

jueves, 26 de junio de 2014

Actualizado o blogue coa información e as fotos da 1ª etapa Baiona - A Guarda.
Actualizado el blog con la información y fotos de la 1ª etapa Baiona - A Guarda.

sábado, 21 de junio de 2014

Mañana 2ª etapa Baiona - A Guarda

Mañán faremos a 2ª etapa da ruta entre Baiona e a Guarda. Sairemos ás 8:30 onde acabamos a ruta anterior, desde o restaurante O Peñasco 3 (na estrada entre Baiona e A Guarda). Subiremos por pistas forestais ata o outeiro do Home, despois chegaremos ata o alto de O Facho, visitaremos o curro de Mougás e baixaremos ata os petroglifos de A Cabeciña (Mougás). O percorrido durará aproximadamente 4 horas cunha primeira metade en ascensión e unha segunda parte mais suave por terreo chá e e en descenso. Animádevos a vir connosco a disfrutar das vistas e da nosa historia.

viernes, 13 de junio de 2014

Paseo perruno


Andaina desde a ponte de San Xoan (Arbo)


Dia mundial do medio ambiente en Gondomar

A Asociación A Groba confirma a celebración do Día Munidal do Medio Ambiente para os días venres 13 e sábado 14 na Praza Escolas Vellas diante do Centro de Saúde de Gondomar. Terán lugar pases de filmes que abordan diversos aspectos das problemáticas ecolóxicas e ambientais no país e no planeta. Todos darán comezo ás 22 horas.

Programa:


Día 13, venres ás 22 horas, Praza Escolas Vellas (diante do Centro de Saúde)
Asolagados: coa auga ao pescozo . Historia do encoro de Belesar
A maxestuosa bolsa de plástico
Día 14, sábado ás 22 horas, mesmo lugar
A Terra prometida (Director: Gus Van Sant )





Andaina solidaria os nosos montes


miércoles, 11 de junio de 2014

Roteiro contra o desdobramento do corredor en Moaña


Este domingo churrascada

Este domingo 15 decidimos non facer ruta e aproveitar para facer unha xornada de interrelación e gastronómica en Chan da Lagoa. Así que domingo de relax disfrutando dun bo churrasco, unha boa charla, música e xogos en boa compaña. Iso sí para o domingo que vén seguiremos coa ruta Baiona - A Guarda por etapas e subiremos ata o Facho así que ide collendo forzas...

Este domingo 15 decidimos no hacer ruta y aprovechar para hacer una jornada de interrelación y gastronómica en Chan da Lagoa. Así que domingo de relax disfrutando de un buen churrasco, una buena charla, música y juegos en buena compañía. Eso sí para el domingo que viene seguiremos con la ruta Baiona - A Guarda por etapas y subiremos hasta o Facho así que id cogiendo fuerzas...

miércoles, 28 de mayo de 2014

Andaina nocturna solidaria en Ourense


Andaina solidaria en O Carballiño


Andaina en Manzaneda


Andaina e BTT solidaria en Castrelo de Miño


Andaina nocturna en Budiño


Andaina no Carballiño


Carreira solidaria en Tomiño


Andaina en Allariz

Mais  info na web do Concello de Allariz



jueves, 15 de mayo de 2014

Paseo social perruno


Ruta Baidesendas para este domingo 18 de maio

Este domingo faremos unha ruta circular tranquila e amena que vai desde San Pedro de Ramallosa ata Monteferro pola costa. Nesta ruta disfrutaremos do último tramo do río Muiños, das diversas calas e praias da costa ata Monteferro, o petroglifo das penisas pequenas, a antiga batería militar de Monteferro, o faro das Medas e o Monumento da mariña mercante. 

Quedamos na igrexa de Santa Liberata ás 9:00 quenes saimos desde Baiona e o resto ás 9:20 enfronte do Centro cultural Ureca de San Pedro de Ramallosa.

Andaina solidaria en Castrelo do Miño


Programa camiño a camiño do concello de Vigo


I andaina polos montes de Vigo


sábado, 26 de abril de 2014

Domingo 27, ruta polo río Miñor e Morgadáns

Este domingo 27 de abril imos de ruta por Gondomar, percorrendo a beira do río Miñor e do río Morgadáns visitando as súas pozas. Quedamos ás 9:00 da mañán enfronte de santa Liberata en Baiona ou ás 9:00 na lonxa de A Ramallosa. Animádevos a baidesendear connosco!!!

Este domingo 27 de abril imos de ruta por Gondomar, recorriendo la orilla del río Miñor y del río Morgadáns visitando sus pozas. Quedamos ás 9:00 de la mañana enfrente de santa Liberata en Baiona o a las 9:00 en la lonja de A Ramallosa.

martes, 22 de abril de 2014

Actualizado o blogue

Actualizamos o blogue con información da ruta que fixemos por Mondariz Balneario. Podedes ollar a información da ruta na sección de rutas.

Actualizamos el blog con información de la ruta que hicimos por Mondariz Balneario. Podéis mirar la información de la ruta en la sección de rutas.

sábado, 19 de abril de 2014

Ruta para este domingo 20 de abril


Este domingo 20 de abril faremos o roteiro da aula da natureza do Río Furnia en Tomiño. Disfrutaremos da flora e fauna do bosque de ribeira. Unha ruta circular duns 8 kms de percorrido. Quedamos coma sempre para sair ás 9:00 na igrexa de Sta Liberata en Baiona e na lonxa de A Ramallosa.

Este domingo 20 de abril haremos la ruta del aula de la naturaleza del Río Furnia en Tomiño. Disfrutaremos de la flora y fauna del bosque de ribera. Una ruta circular de unos 8 kms de recorrido. Quedamos como siempre para salir a las 9:00 en la iglesia de Sta Liberata en Baiona y en la lonja de A Ramallosa.

sábado, 5 de abril de 2014

Ruta para este domingo 5 de abril


Mañán iremos de ruta polo río Tea desde Mondariz Balneario aos pasos de Tatín, uns 12 kms nos que disfrutaremos da paisaxe, flora e fauna da ribeira, a ponte romana de Cernadela e dun camiño complatemente chán. Sairemos de Sta Liberata e a lonxa de Ramallosa ás 8:30 da mañán en coches particulares. Animádevos a vir connosco a facer deporte, coñocer o noso entorno e conversar amigablemente.

Mañana iremos de ruta por el río Tea desde Mondariz Balneario a los pasos de Tatín, unos 12 kms en los que disfrutaremos del paisaje, flora y fauna de la ribera, el puente romano de Cernadela y de un camino complatemente llano. Saldremos de Sta Liberata y la lonja de Ramallosa a las 8:30 de al mañana en coches particulares. Animaros a venir con nosotr@s a hacer deporte, conocer nuestro entorno y conversar amigablemente.

miércoles, 26 de marzo de 2014

Roteiro en defensa do río Tea


De volta ás rutas

Despois de entroidos, arribadas, chuvias e motivos persoais voltamos a retomar o blogue e as rutas. Este domingo pasado fixemos a ruta das pedras en Ventosela (Redondela). En breve publicaremos a ruta para este domingo.

Después de caranavales, arribadas, lluvias y motivos personales volvemos a retomar el blog y las rutas. Este domintgo pasado hicimos la ruta de As pedras en Ventosela (Redondela). En breve publicaremos la ruta para este domingo.

miércoles, 5 de febrero de 2014

Información da ruta da pedra do lobo

Actualizado o blogue coa información e fotos da última ruta que fixemos: a ruta da pedra do lobo (Covelo)

Actualizado el blog con la información y fotos de la última ruta que hicimos: la ruta de a pedra do lobo (Covelo)

viernes, 31 de enero de 2014

Andaina e BTT organizadas pola asociación do Síndrome de Angelman


O 16 de Febreiro de 2014 vaise celebrar a I marcha BTT Angelman en Cangas do Morrazo para recaudar fondos para a investigación da síndrome de Angelman, o prezo é de 6 €. Organízase simultáneamente unha andaina polo monte, que será gratuíta. Non se pode inscribir no mesmo día, o prazo rematará o xoves 13 de Febreiro.
Mais info na web pulsando aquí.

Día dos humedais en Baiona

A Asociación Ecoloxista A Groba organiza unha xornada de "Portas abertas" o próximo domingo 2 de febreiro a partir das 13:00 horas no Paseo de A Ramallosa (fronte a
Foto sacada do facebook de Sabarís
o parking), para celebrar o Día Internacional dos Humedais. Haberá telescopios e prismáticos. ¡Traede os vosos!

Membros da asociación axudarán aos asistentes a identificar as aves e contarán o importante que é coidar e respectar un ecosistema de suma importancia para o equilibrio natural, do que tamén nós mesmos formamos parte.

A Groba persegue un ámbito coidado, protexido, e en equilibrio coas nosas actividades lúdicas, ou as económicas sempre que estén baseadas nunha explotación racional e sostible dos recursos que nos achega este excepcional espazo natural.

Xornada de sendeirismo consciente en Mondariz


jueves, 30 de enero de 2014

Rutas previstas para o mes de Febreiro

Estas son as rutas que imos facer no mes de febreiro se as cicloxénese o permiten ou non hai  outro cambio...

  • Domingo 2 de febreiro: Ruta da pedra do lobo (Covelo)
  • Domingo 9 de febreiro: Sendeiro Costa da vela (Cangas)
  • Domingo 16 de febreiro: Ruta das pedras (Ventosela-Redondela)
  • Domingo 23 de febreiro: Sendeiro fluvial do Tea - Pazos de Tatin (Mondariz Balneario)

miércoles, 29 de enero de 2014

Subida a información e fotos da última ruta

Pois iso que xa podedes ler na sección de rutas o comentario sobre a ruta deste domingo pasado (San Campio - Baixo tamuxe) e ver as fotos na sección de fotos.

Pues eso que ya podéis leer en la sección de rutas el comentario sobre la ruta de este domingo pasado (San Campio - Baixo tamuxe) y ver las fotos en la sección de fotos.

martes, 21 de enero de 2014

Paseo Biosbardo


Ruta para o sábado

Polo facebook mandáronnos información dunha ruta que vai ter lugar este sábado 25 de xaneiro. Está organizada por o colectivo Anda Tui Regodapedra e a ruta é o Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva en A Cañiza. Para mais información sobre a ruta e como apuntarvos o podedes facer na web do colectivo Anda Tui.

Por el facebook nos mandaron información de una ruta que va a tener lugar este sábado 25 de enero. Está organizada por el colectivo Anda Tui Regodapedra y la ruta es el Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva en A Cañiza. Para mais información sobre la ruta y como apuntaros lo podéis hacer en la web del colectivo Anda Tui.


Ruta para este domingo 26

Se o tempo o permite a ruta que faremos o próximo domingo é esta: 
  • Domingo 26 de xaneiro: San Campio - Pedra Furada - Niño do Corvo - Ponte de Pías (Tomiño - O Rosal))

Subida a ruta do parque de A Canuda - Baixo Tea

Xa podedes ollar as fotos e os comentarios da ruta que fixemos este domingo pasado: Parque A Canuda -Baixo Tea.

Ya podéis mirar las fotos y comentarios de la ruta que hicimos este domingo pasado: Parque A Canuda - Baixo Tea.

viernes, 10 de enero de 2014

Troco nas rutas

Hoxe fomos comprobar como estaba o sendeiro fluvial do Gafos e atópase bastante impracticable nesta época do ano polo que a imos deixar para primavera ou verán polo que pasamos á seguinte ruta prevista.

Así, as rutas previstas para este mes de xaneiro son:
  • Domingo 12 de xaneiro: A Picaraña (Ponteareas)
  • Domingo 19 de xaneiro: senda do baixo Tea (Salvaterra)
  • Domingo 26 de xaneiro: San campio- Niño do Corvo (O Rosal - Tomiño)
Hoy fuimos a comprobar como estaba el sendero fluvial del Gafos y se encuentra bastante impracticable en esta época del año por lo que la vamos a dejar para primavera o verano por lo que pasamos a la siguiente ruta prevista.

Las rutas previstas para este mes de enero son:

  • Domingo 12 de enero: A Picaraña (Ponteareas)
  • Domingo 19 de enero: senda do baixo Tea (Salvaterra)
  • Domingo 26 de enero: San Campio - Niño do corvo (O Rosal - Tomiño)

jueves, 9 de enero de 2014

Rutas para 2014

Este pasado mércores 8 de xaneiro xuntámonos para preparar as rutas que imos facer este ano. Estivemos ollando mais de 20 rutas, todas na provincia de Pontevedra mais algunha en Portugal (na fronteira). Este 2º ano imos movernos mais: Cangas, Moaña, Vilaboa, Bora, Salvaterra, O Rosal, As Neves, Mondariz, Covelo, Redondela, Nigrán, Ponteareas, Peitieiros, Tui, Budiño, Arbo, Caminha...

As rutas previstas para este mes de xaneiro son:

  • Domingo 12 de xaneiro: senda fluvial dos Gafos (Vilaboa)
  • Domingo 19 de xaneiro: A Picaraña (Ponteareas)
  • Domingo 26 de xaneiro: senda do baixo Tea (Salvaterra)
Este pasado miércoles 8 de Enero nos juntamos para preparar las rutas que vamos a hacer este año. Estuvimos mirando más de 20 rutas, todas en la provincia de Pontevedra más alguna en Portugal (en la frontera). Este 2º año vamos a movernos más: Cangas, Moaña, Vilaboa, Bora, Salvaterra, O Rosal, As Neves, Mondariz, Covelo, Redondela, Nigrán, Ponteareas, Peitieiros, Tui, Budiño, Arbo, Caminha...

Las rutas previstas para este mes de enero son:

  • Domingo 12 de enero: senda fluvial dos Gafos (Vilaboa)
  • Domingo 19 de enero: A Picaraña (Ponteareas)
  • Domingo 26 de enero: senda do baixo Tea (Salvaterra)