A Asociación Ecoloxista A Groba organiza unha xornada de "Portas abertas" o próximo domingo 2 de febreiro a partir das 13:00 horas no Paseo de A Ramallosa (fronte a
o parking), para celebrar o Día Internacional dos Humedais. Haberá telescopios e prismáticos. ¡Traede os vosos!
Foto sacada do facebook de Sabarís |
Membros da asociación axudarán aos asistentes a identificar as aves e contarán o importante que é coidar e respectar un ecosistema de suma importancia para o equilibrio natural, do que tamén nós mesmos formamos parte.
A Groba persegue un ámbito coidado, protexido, e en equilibrio coas nosas actividades lúdicas, ou as económicas sempre que estén baseadas nunha explotación racional e sostible dos recursos que nos achega este excepcional espazo natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario