viernes, 31 de enero de 2014

Andaina e BTT organizadas pola asociación do Síndrome de Angelman


O 16 de Febreiro de 2014 vaise celebrar a I marcha BTT Angelman en Cangas do Morrazo para recaudar fondos para a investigación da síndrome de Angelman, o prezo é de 6 €. Organízase simultáneamente unha andaina polo monte, que será gratuíta. Non se pode inscribir no mesmo día, o prazo rematará o xoves 13 de Febreiro.
Mais info na web pulsando aquí.

Día dos humedais en Baiona

A Asociación Ecoloxista A Groba organiza unha xornada de "Portas abertas" o próximo domingo 2 de febreiro a partir das 13:00 horas no Paseo de A Ramallosa (fronte a
Foto sacada do facebook de Sabarís
o parking), para celebrar o Día Internacional dos Humedais. Haberá telescopios e prismáticos. ¡Traede os vosos!

Membros da asociación axudarán aos asistentes a identificar as aves e contarán o importante que é coidar e respectar un ecosistema de suma importancia para o equilibrio natural, do que tamén nós mesmos formamos parte.

A Groba persegue un ámbito coidado, protexido, e en equilibrio coas nosas actividades lúdicas, ou as económicas sempre que estén baseadas nunha explotación racional e sostible dos recursos que nos achega este excepcional espazo natural.

Xornada de sendeirismo consciente en Mondariz


jueves, 30 de enero de 2014

Rutas previstas para o mes de Febreiro

Estas son as rutas que imos facer no mes de febreiro se as cicloxénese o permiten ou non hai  outro cambio...

  • Domingo 2 de febreiro: Ruta da pedra do lobo (Covelo)
  • Domingo 9 de febreiro: Sendeiro Costa da vela (Cangas)
  • Domingo 16 de febreiro: Ruta das pedras (Ventosela-Redondela)
  • Domingo 23 de febreiro: Sendeiro fluvial do Tea - Pazos de Tatin (Mondariz Balneario)

miércoles, 29 de enero de 2014

Subida a información e fotos da última ruta

Pois iso que xa podedes ler na sección de rutas o comentario sobre a ruta deste domingo pasado (San Campio - Baixo tamuxe) e ver as fotos na sección de fotos.

Pues eso que ya podéis leer en la sección de rutas el comentario sobre la ruta de este domingo pasado (San Campio - Baixo tamuxe) y ver las fotos en la sección de fotos.

martes, 21 de enero de 2014

Paseo Biosbardo


Ruta para o sábado

Polo facebook mandáronnos información dunha ruta que vai ter lugar este sábado 25 de xaneiro. Está organizada por o colectivo Anda Tui Regodapedra e a ruta é o Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva en A Cañiza. Para mais información sobre a ruta e como apuntarvos o podedes facer na web do colectivo Anda Tui.

Por el facebook nos mandaron información de una ruta que va a tener lugar este sábado 25 de enero. Está organizada por el colectivo Anda Tui Regodapedra y la ruta es el Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva en A Cañiza. Para mais información sobre la ruta y como apuntaros lo podéis hacer en la web del colectivo Anda Tui.