miércoles, 26 de marzo de 2014

Roteiro en defensa do río Tea


De volta ás rutas

Despois de entroidos, arribadas, chuvias e motivos persoais voltamos a retomar o blogue e as rutas. Este domingo pasado fixemos a ruta das pedras en Ventosela (Redondela). En breve publicaremos a ruta para este domingo.

Después de caranavales, arribadas, lluvias y motivos personales volvemos a retomar el blog y las rutas. Este domintgo pasado hicimos la ruta de As pedras en Ventosela (Redondela). En breve publicaremos la ruta para este domingo.

miércoles, 5 de febrero de 2014

Información da ruta da pedra do lobo

Actualizado o blogue coa información e fotos da última ruta que fixemos: a ruta da pedra do lobo (Covelo)

Actualizado el blog con la información y fotos de la última ruta que hicimos: la ruta de a pedra do lobo (Covelo)

viernes, 31 de enero de 2014

Andaina e BTT organizadas pola asociación do Síndrome de Angelman


O 16 de Febreiro de 2014 vaise celebrar a I marcha BTT Angelman en Cangas do Morrazo para recaudar fondos para a investigación da síndrome de Angelman, o prezo é de 6 €. Organízase simultáneamente unha andaina polo monte, que será gratuíta. Non se pode inscribir no mesmo día, o prazo rematará o xoves 13 de Febreiro.
Mais info na web pulsando aquí.

Día dos humedais en Baiona

A Asociación Ecoloxista A Groba organiza unha xornada de "Portas abertas" o próximo domingo 2 de febreiro a partir das 13:00 horas no Paseo de A Ramallosa (fronte a
Foto sacada do facebook de Sabarís
o parking), para celebrar o Día Internacional dos Humedais. Haberá telescopios e prismáticos. ¡Traede os vosos!

Membros da asociación axudarán aos asistentes a identificar as aves e contarán o importante que é coidar e respectar un ecosistema de suma importancia para o equilibrio natural, do que tamén nós mesmos formamos parte.

A Groba persegue un ámbito coidado, protexido, e en equilibrio coas nosas actividades lúdicas, ou as económicas sempre que estén baseadas nunha explotación racional e sostible dos recursos que nos achega este excepcional espazo natural.

Xornada de sendeirismo consciente en Mondariz