viernes, 11 de julio de 2014

4ª Etapa Baiona - A Guarda

Este domingo 13 de julio levaremos a cabo a 4ª etapa entre Baiona e A Guarda. Estamos a facer o traxecto entre Baiona e A Guarda por tramos duns 10 kms tentando pasar polos puntos mais interesantes tanto desde un punto de vista etnográfico como paisaxístico. A 1ª etapa foi desde Baiona ata A Ermida (Mougás) e vimos a igrexa de Sta Liberata, a virxe da Rocha, o antigo cuartel militar de Silleiro, subimos ata o alto de Silleiro para rematar na costa no barrio da Ermida en Baredo. Na 2ª etapa partimos do Barrio da Ermida e subimos ata o outeiro do home e despois ata o alto do Facho (dous altos cunhas magníficas vistas), logo fomos ata o curro de Mougás e baixamos ata o alto da Cabeciña para visitar o antigo asentameto e os seus petroglifos. Na 3ª etapa partimos de A Cabeciña e vimos os petroglifos de Pedra Lan, a poza de Mougás, os petroglifos de O Pousiño, cruzamos polo río Fervenza que nesta época vai con pouco caudal, subimos ata o outeiro da cheira (con espectaculares vistas de Mougás), vimos os petroglifos de As goteiras e acabamos no antigo asentamento do Cano dos Mouros.
A 4ª etapa é de dificultade baixa, son uns 10 kms desde o cano dos mouros ata os petroglifos de A Pedreira en Oia. Veremos as sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo mais ao oeste de Europa con sobreira a carón das pozas do río Broi, o outeiro da Pousadela con vistas e petroglifos, os outeiros do Morouzo tamén con vistas e petroglifo, seguiremos ata o Viveiro para ir ao alto do visiño e a Figueirido para contemplar os petroglifos e rematamos nos Petroglifos de A Pedreira.
Quedamos ás 8 da mañán na igrexa de Santa Liberata en Baiona, de ahí partiremos en coche ata o inicio e o final da ruta. Animádevos a camiñar connosco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario